Language

Que necesitas para emprender?

Necesitas unha idea e ganas de levala a cabo. Seguindo a metodoloxía INNOVATIA 8.3 podemos axudarche a converter a túa idea en empresa

V Feira de Emprendedoras de Compostela: Economía Circular, Economía para a cidadanía

V Feira de Emprendedoras de Compostela: Economía Circular, Economía para a cidadanía

O Concello de Santiago e a Universidade, colaboran e impulsan unha nova edición da Feira de Emprendedoras de Compostela. Esta V edición lévase a cabo no marco dos principios da Axenda Urbana 2030 e céntrase no debate sobre un modelo económico pensado por e para as persoas.

Contamos cunha ampla programación dirixida a: centros de formación, empresas, alumnado e profesorado da Universidade e á cidadanía en xeral.

25 / 26 OUTUBRO _ Facultade Económicas e Empresariais da USC.

  • Encontro Universidade - Empresas sobre Economía Circular: Colaboran, para a organización deste encontro,  o Grupo de Traballo de Economía Circular WAS (Woman Action Sustainability). Teremos a oportunidade de analizar con persoas expertas na materia e con responsables de grandes entidades como: Alcampo, Saica Natur, Grupo Sener, Zara,  Acciona, Repsol, L’Oreal , Clic Recycle..., como estas empresas van mudando os seus modelos de negocio para afrontar os retos que supón traballar dentro dun modelo de Economía Circular.
    + info
  • Lanzamento de RETOS ao alumnado universitario: Os alumnos e alumnas poden inscribirse, de forma gratuíta e ata o día 23 de outubro, nos RETOS de Economía Circular propostos. Poderán concursar de xeito individual ou en grupos e non teñen que pertencer á mesma facultade. O día 26 de outubro entregaranse os premios aos alumnos/as gañadores/as dos RETOS: 700 € e 300 €.
    Inscrición

27 OUTUBRO _ Centro Sociocultural O Ensanche, Santiago de Compostela

  • Feira expositiva de produtos baseados nun modelo de Economía Circular.
  • Mesas de debate entorno ás “R” da Economía Circular.
  • Talleres gratuítos de creación de servizos e produtos de deseño dentro dun modelo de Economía Circular.
    Inscrición

Entrada libre ao público. + info

SORTEO dunha peza de deseño exclusivo entre os/as asistentes á feira.

NOTA: o día 27 retransmitiremos en directo, por streaming,  a través da canle de YouTube de Woman Emprende

Entidades colaboradoras