Language

Que necesitas para emprender?

Necesitas unha idea e ganas de levala a cabo. Seguindo a metodoloxía INNOVATIA 8.3 podemos axudarche a converter a túa idea en empresa

Desafío Emprendedoras

Atréveste a mellorar a nosa sociedade?

O Programa Desafíos Empresariais con Perspectiva de Xénero, financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, está destinado a promover a incorporación da perspectiva de xénero e a igualdade entre as empresas galegas e o estudantado da Universidade de Santiago de Compostela.


Consiste na resolución de diferentes retos, relativos á incorporación da perspectiva de xénero no campo empresarial. Estes desafíos serán propostos por empresas de referencia que queiran promover a igualdade na súa organización. Na resolución dos mesmos, participarán os equipos que se presenten a este Programa, cuxo principal obxectivo é estimular e detectar variables de análise que describen a situación das mulleres e homes nas empresas, facilitar a comparación das mesmas, identificar diferencias e/ou vacíos e propoñer ideas innovadoras.


Nesta primeira edición contamos con desafío presentado polo Grupo Nueva Pescanova.


Para a súa resolución, recurrimos ao talento do estudantado da Universidade de Santiago de Compostela, que co seu gran espírito emprendedor, aposta polo traballo en equipo e se achegará aos problemas reais e ao mercado de traballo.


PARTICIPACIÓN E INSCRICIÓN


1. O prazo de inscrición estará aberto ata o 5 de decembro de 2019
2. A inscrición debe realizarse cubrindo o formulario que figura na parte dereita desta páxina
3. Poderán presentarse estudantes da Universidade de Santiago de Compostela
4. As e os candidatos poderán inscribirse en dúas modalidades: individualmente ou por equipos



MODALIDADES


A inscrición poderá ser realizada:


Individualmente: cada persoa presentará a súa ficha de inscrición de forma individual. Posteriormente Woman Emprende, en colaboración coa Empresa, conformará os grupos de traballo tendo en conta a información facilitada polos candidatos ou candidatas.

Por equipos: cada participante do equipo realizará un rexistro por equipos, e ao efectuar a inscrición, indicaranse as direccións de email das restantes persoas do grupo que tamén deberán estar rexistradas baixo a mesma modalidade (por equipos).


Cada equipo deberá estar formado por un mínimo de 3 e un máximo de 5 participantes.

 

 

PREMIO

 

O equipo gañador recibirá 1.000 € e unha visita guiada a un dos centros que o Grupo Nueva Pescanova ten en Galicia.

Entidades colaboradoras