Language

Que necesitas para emprender?

Necesitas unha idea e ganas de levala a cabo. Seguindo a metodoloxía INNOVATIA 8.3 podemos axudarche a converter a túa idea en empresa

Emega

Pregunta

Que documentación hai que presentar?

a)  Anexo V: solicitude de pagamento.

b)  Anexo III: declaración de axudas actualizada.

c) De ser o caso, anexo VI: relación das traballadoras por conta allea que ocupan os postos tidos en conta para a determinación da contía da axuda.

A dita relación deberá vir acompañada da seguinte documentación:

c.1) Documentos de alta no correspondente réxime da Seguridade Social (Resolución sobre recoñecemento de alta) e dos correspondentes contratos de traballo.

c.2) Para o caso de que se tivese en conta na valoración da solicitude, documentación acreditativa da concorrencia dalgunha das circunstancias previstas no artigo 17.1.3 desta resolución.

d) No caso de contar con traballadoras por conta allea, copia da inscrición da empresa na Seguridade Social (Resolución de inscrición da/o empresaria/o no sistema de Seguridade Social).

e) Liña Innova: un breve currículo da persoa que ocupe o posto obrigatorio, de non telo achegado xunto coa solicitude.

f) Liña Activa: informe de vida laboral actualizado de todos os códigos de cotización da empresa.

g) Liña ITEF: de ser o caso, e de non telo achegado xunto coa solicitude, un breve currículo das persoas traballadoras por conta allea con titulación universitaria relacionada co ámbito da ciencia, do coñecemento ou da tecnoloxía base da iniciativa empresarial.

h) De ter concedida a axuda Concilia-persoas traballadoras por conta allea na modalidade prevista no artigo 10.3.a), para o caso de non telo achegado con anterioridade, copia do acordo ou pacto de conciliación.

i) De ter concedida a axuda Concilia-persoas traballadoras por conta allea na modalidade prevista no artigo 10.3.b), para o caso de non telo presentado con anterioridade, copia dos acordos de teletraballo.

j) Acreditación documental, material e/ou gráfica (fotografías, fotocopias, captura de pantallas...) do cumprimento das obrigas de información e publicidade do financiamento público da actividade subvencionada, segundo o establecido no artigo 23.8 desta resolución.

k) Follas individualizadas de recollida de datos de todas as promotoras e traballadoras por conta allea tidas en conta para a concesión da axuda, co obxecto, entre outros, de acreditar e dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e de resultado inmediato enumerados no artigo 5 do Regulamento (UE) número 1304/2013, obriga recollida no artigo 23 desta convocatoria.

Nesta fase, achegaranse as follas individualizadas dos indicadores de produtividade, cuxos datos deben referirse á situación previa ao inicio da actividade laboral na empresa beneficiaria.

l) No seu caso, Anexo VI bis (comprobación de datos das traballadoras por conta allea)

Ademais destes anexos, ¿algunha información adicional que axude na presentación da aceptación da axuda?

Documentación importante na fase de presentación de aceptación da axuda:

FOLLA DE RECOLLIDA DE INDICADORES DE PRODUCTIVIDADE

FOLLA DE RECOLLIDA DE INDICADORES DE RESULTADO INMEDIATO

MODELO DE CARTEL (do que hai que achegar fotografía tomada no lugar de traballo)

Entidades colaboradoras